Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

[DOWNLOAD] "Ons: unha illa habitada" by Paula Ballesteros-Arias & Cristina Sánchez-Carretero ~ Book PDF Kindle ePub Free

Ons: unha illa habitada

📘 Read Now     📥 Download


eBook details

  • Title: Ons: unha illa habitada
  • Author : Paula Ballesteros-Arias & Cristina Sánchez-Carretero
  • Release Date : January 07, 2014
  • Genre: Social Science,Books,Nonfiction,History,Europe,
  • Pages : * pages
  • Size : 965020 KB

Description

Ons é a única illa habitada do Parque Nacional das Illas Atlánticas. De feito, lonxe de ser unha illa baleira, bucólica, ou inalterada, en 1960 chegou a estar poboada por medio millar de persoas que habitaban en noventa vivendas agrupadas nos barrios de Caño, Curro, Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e Centulo. O resto das illas do Parque Nacional deixaron de estar habitadas ao longo do século XX, especialmente na década dos setenta. E o mesmo lle sucederá a Ons, que perderá a súa escasa poboación estable  en moi pouco tempo. Porén, a súa poboación estacional aumenta. E tamén o turismo. Isto, xunto coa pertenza ao Parque Nacional fai que constitúa un lugar especialmente interesante onde os conflitos, desacordos, empatías, acordos e amizades forman parte da propia dinámica desta illa tan singularmente viva. 

Este libro dixital céntrase na presenza humana en Ons ao longo do tempo. A fraxilidade deste espazo fai especialmente relevante coñecelo a fondo. No libro trátase de responder a cuestións como, cando e por quen foi habitada ou a quen pertenceu a illa, que vestixios quedaron da presenza humana, como é a vida na actualidade para a media ducia de persoas que habitan a illa, ou como afecta o turismo á illa.

Ademais, deuse especial importancia ás pegadas que a presenza humana deixou ao longo do tempo. As pegadas actuais coñecémolas a través dos testemuños dos habitantes que nos falan da súa vida cotiá , a terra, o mar, as lendas e crenzas, e os cambios recentes na illa: o seu abandono e reocupación, a Guerra Civil e posguerra, os efectos do Prestige e o impacto do turismo para a poboación actual. 

As pegadas do pasado constitúen un conxunto de entidades culturais de especial singularidade que quedan recollidas no capítulo "os seus lugares". O arquipélago de Ons, ademais de formar parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e ser, como tal, unha paisaxe natural protexida, é depositaria dunha paisaxe cultural insólita conformada por entidades arqueolóxicas de especial relevancia e por unha paisaxe tradicional constituída polas actividades agrícolas, gandeiras e mariñeiras levadas a cabo polos poboadores da illa ao longo do tempo, e que se plasman tanto na cultura material coma na tradición oral.

Aquí presentámosvos algúns dos resultados dos estudos feitos na Illa de Ons sobre a documentación, rexistro, valorización e vulnerabilidade do seu patrimonio cultural. Gustaríanos que as persoas que o lean se introduzan no quefacer investigador. Así, por exemplo, no capítulo "as súas xentes" accédese directamente á información recollida a través do traballo de campo etnográfico. O capítulo dedicado á historia das ocupacións e abandonos explica como se realizou esta parte da investigación. A información histórica ofrécese a través de dúas liñas: por unha parte accédese a quen poboou a illa ao longo do tempo (liña de ocupación); e, por outra, accédese a quen posuíu a propiedade de Ons (liña de propiedade). O nivel de profundidade da información deixámolo á libre elección das persoas que viaxen a través das páxinas deste libro.

Invitámosvos a escoitar os sons da illa, as palabras dos seus habitantes, a riqueza das súas entidades culturais e a documentación sobre a súa historia.


Ebook Free Online "Ons: unha illa habitada" PDF ePub Kindle